O proxecto “Nanoevers” acaba de conseguir medio millón de euros de financiación do programa “Ignicia”, un programa impulsado pola Axencia Galega de Innovación (GAIN) que ten como obxectivo apoiar a transferencia ó mercado da investigación xerada polos investigadores e investigadoras de Galicia.

Nanoevers, un dos sete proxectos que se financiarán nesta convocatoria, é o  resultado da investigación dun equipo de investigadores do Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago (IDIS) liderado por María de la Fuente Freire, e do que forman parte Rafael López López, Abi Judit Vázquez Ríos, Ana Belén Dávila Ibañez e Gloria García López, que desenvolveron un novo tipo de nanosistemas, altamente biocompatibles e versátiles, adecuados para actuar como transportadores de fármacos e biomoléculas terapéuticas para o tratamento do cancro e outras enfermidades prevalentes. Na liña co concepto de medicina personalizada, existe un crecente interese en poder adaptar a terapia ás necesidades específicas de cada doente. Por tanto, esta tecnoloxía aportará soluciones personalizadas, pois se trata de nanopartículas versátiles capaces de incorporar máis dun tipo de fármaco, incluíndo fármacos convencionais de baixo peso molecular, biomacromoléculas, e incluso axentes de contraste para aplicacións relacionadas coa terapia e o diagnóstico de enfermidades.

48 proxectos presentados a Ignicia

Na segunda convocatoria deo programa, se presentaron 48 proxectos liderados por investigadores tanto do IDIS como das tres universidades galegas. A Axencia Galega de Innovación (GAIN) destacou a excelencia científica de todos os proxectos, se ben se seleccionaron sete que se unen ós nove impulsados pola primeira convocatoria do Programa.