A Plataforma Española de Nanomedicina, Nanomed Spain, coordinada polo IBEC, organizou un ano máis este evento que forma parte do Nano World Cancer Day 2018 o 2 de febreiro.
O Nano World Cancer Day (NWCD) é un evento a nivel mundial organizado no marco do Día Mundial contra o Cancro e no que Oncomet quixo participar, concretamente, nos eventos de Barcelona e Portugal. O obxectivo principal deste evento é incrementar o coñecemento sobre nanomedicina entre o público xeral e a súa capacidade para introducir novas oportunidades na loita contra o cancro. Organizáronse conferencias de prensa simultáneas en diferentes países en todo o mundo. A audiencia a quen foi dirixido este evento estivo composta por medios de comunicación, tanto especializados como xerais, pero tamén a potencialmente a público máis específico incluíndo clínicos, científicos, estudantes, etc.
As conferencias do NWCD son unha oportunidade única para explicar ó público os beneficios da nanomedicina para os pacientes de cancro.
Comentarios recientes