Unidade de Biopsia Líquida

biopsia-liquida

A Unidade de Análise de Biopsia Líquida liderada pola Dra. Laura Muinelo, está especializada na análise de células tumorais circulantes (CTCs) e DNA/RNA tumoral circulante (ctDNA/RNA).

O interese polo estudo do material tumoral presente en sangue ten aumentado de forma exponencial na última década pois permite que tanto investigadores básicos coma clínicos dispoñan dunha ferramenta clave para caracterizar os tumores, permitindo tanto a escolla de terapias coma o seguimento da doenza, de forma non invasiva e dinámica. Este crecente interese foi acompañado dun importante desenvolvemento tecnolóxico no campo de estudo da biopsia líquida. A pesar diso apenas existen laboratorios especializados neste campo a nivel nacional. A plataforma de análise de biopsia líquida constitúe unha excepción pois posúe o equipamento e o expertise necesario para levar a termo o estudo de CTCs ctDNA/RNA coas técnicas máis validadas e innovadoras do campo. Por iso actualmente o laboratorio é un referente nacional para o estudo de biopsia líquida onde se analiza un volume medio anual de 400 mostras enviadas desde hospitais e centros de investigación de todo o territorio español.

Capacidades tecnolóxicas


A Plataforma dispón dun sistema CellSearch, único sistema aprobado pola FDA para cuantificación de CTCs), Veriti Dx 96-well Thermal Cycler, un citómetro de última xeración Cube6i Flow Cytometer (Partek), micromanipulador (Leica) e equipamento básico dun laboratorio de bioloxía molecular, centrífugas, cabinas de seguridade biolóxica, cabinas de PCRs e equipamento para cultivo celular. Ademais deste equipamento propio a plataforma ten a posibilidade de utilizar outros equipamentos comúns do IDIS precisos para o estudo da biopsia líquida coma o microscopio confocal Leica SP8 ou o sistema DEParray (Silicon Biosystems) que permite levar a cano estudos a nivel de single CTCs e que é o único dispoñible a nivel nacional.

Unidad-Analisis-Biopsia-Liquida-III

CellSearch

Servizos


A plataforma presta os seguintes servizos: illamento de plasma e PBMC mediante centrifugación e gradientes de Ficoll; illamento de exosomas; illamento de plaquetas: illamento e cuantificación de CTCs co sistema Cellsearch; illamento de CTCs mediante CellEllection, Metacell e Cellcollector: illamento de RNA/DNA de plasma, CTCs e saliva; estudos de expresión xénica mediante qRT-PCR, estudos xenéticos para identificar mutación puntuais mediante BEAMing en ctDNA, técnicas de detección mediante Inmunofluorescencia e manipulación a nivel de single cell das mostras enriquecidas en CTCs.

Tarifas PDF descargable

Equipo


unidad-de-Analisis-de-Biopsia-Liquida

Investigador principal

Laura Muinelo Romay

Laura-Muinelo

Ligazóns de interese

ProxectosPublicacións


idis
logo-centro
frd