Rafael López é Xefe do Servizo de Oncoloxía Médica del Complexo Hospitalario Universitario de Santiago de Compostela. Lidera, así mesmo, o Grupo de Oncoloxía Médica Translacional do Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago de Compostela.

Ademais do gran número de ensaios clínicos en que ten participado, ten publicado numerosos artigos científicos en revistas de prestixio Journal of Clinical Oncology, Lancet Oncology, Oncogene, Carcinogenesis ou Molecular Cancer Therapeutics, entre outras. Lidera varios proxectos nacionais e internacionais, fundamentalmente centrados no proceso de diseminación tumoral. É, así mesmo, inventor de catro patentes e socio fundador da empresa Nasasbiotech.

O Dr. López é licenciado en Medicina pola Universidade Autónoma de Madrid, traballou como médico especialista ou facultativo en distintos hospitais de España e exerceu durante dous anos como médico investigador no Departamento de Oncoloxía do Free University Hospital, Amsterdam (Holanda). Desde o ano 2007 dirixe o Servizo de Oncoloxía Médica do CHUS.

Descargar PDF