O Dr. Abal actualmente dirixe o Laboratorio de Oncoloxía Médica Translacional do Hospital da Universidade de Santiago de Compostela (SERGAS), e investigador sénior (Programa I3SNS) do Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago- IDIS. O Dr. Abal posúe patentes relacionadas coa diagnose en oncoloxía e con tratamento de doenza metastática.

É autor de máis de 50 publicacións fundamentalmente en cancros xinecolóxicos e colorrectal. É socio fundador das spin-off Transbiomed e NasasBiotech, ambas, empresas de biotecnoloxía dedicadas a produtos e tecnoloxía para a diagnose e terapia en oncoloxía. O Dr. Abal é Licenciado en Farmacia pola Universidade de Santiago de Compostela e Doutor en Farmacia polo Centro de Investigacións Biolóxicas CIB – CSIC en Madrid.

Descargar PDF