Laura Muinelo licenciouse en Bioloxía pola Universidade de Vigo (año 2009). Desenvolveu a súa tese de doutoramento, centrada na caracterización de alteracións do fenómeno de glicosilación en cancro colorrectal, no departamento de Bioquímica, Xenética e Inmunoloxía da Universidade de Vigo baixo a tutela dos Dres. Almudena Fernández Briera e Emilio Gil Martín. No ano 2009 incorporouse como investigadora posdoutoral no grupo de Oncoloxía Médica Translacional onde participou en distintos proxectos dirixidos a caracterizaren eventos moleculares claves para o proceso de diseminación e metástases en tumores de colon e endometrio. Desde o ano 2012 é responsable da Unidade de Análise de Biopsia Líquida do IDIS. Esta unidade está especializada no estudo de Biopsia Líquida como ferramenta para caracterizar os tumores e levar a cabo unha Oncoloxía máis personalizada en distintos tipos de cancro (colon, mama, próstata, pulmón, ovario, cabeza e pescozo, endometrio, etc.) Durante estes anos foi titora de varios alumnos de máster, co-dirixiu unha tese de doutoramento centrada na caracterización de CTCs de doentes con cancro de próstata, participou ou xestionou máis de 10 proxectos de investigación básica, distintos contratos con entidades privadas e ensaios clínicos. Ademais participou en cerca dunha vintena de publicacións de Impacto en Oncoloxía.

Descargar PDF