Política de privacidade

GRUPO ONCOMET informa os usuarios do sitio web sobre a súa política a respecto do tratamento e protección dos datos de carácter persoal dos usuarios e clientes que puideren ser recollidos pola navegación ou contratación de servizos a través do referido sitio web.

Neste sentido, GRUPO ONCOMET garante o cumprimento da normativa vixente en materia de protección de datos persoais, contida na Lei Orgánica 15/1999 de 13 de decembro, de Protección de Datos de Carácter Persoal e no Real Decreto 1720/2007, de 21 de decembro, polo que se aproba o Regulamento de Desenvolvemento da LOPD.

O uso desta web implica a aceptación desta política de privacidade.

 

Recolla, finalidade e tratamentos de datos

GRUPO ONCOMET ten a obriga de informar os usuarios do seu sitio web acerca da recolla de datos de carácter persoal que poidan levarse a cabo, quer sexa mediante o envío de correo electrónico ou ao cubrir os formularios indicados no sitio web. Neste sentido, GRUPO ONCOMET será considerada como responsable dos datos recollidos mediante os medios anteriormente descritos.

Á súa vez GRUPO ONCOMET informa os usuarios de que a finalidade dos datos recollidos contempla: A atención de pedidos realizados polos usuarios, a inclusión da axenda de contactos, a prestación de servizos e/ou a xestión da relación comercial.

As operacións, xestións e procedementos técnicos que se realicen de forma automatizada ou non automatizada e que posibiliten a recolla, almacenaxe, modificación, transferencia e outras accións sobre datos persoais, teñen a consideración de tratamento de datos persoais.

Todos los datos personales, que sean recogidos a través del sitio web de GRUPO ONCOMET, y por tanto tenga la consideración de tratamiento de datos de carácter personal, serán incorporados en los ficheros declarados ante la Agencia Española de Protección de Datos por GRUPO ONCOMET.

 

Comunicación de información a terceiros

GRUPO ONCOMET informa os usuarios de que os seus datos persoais non serán cedidos a terceiras organizacións, con a salvidade de que a devandita cesión de datos se realice ao abeiro dunha obriga legal ou cando a prestación dun servizo implique a necesidade dunha relación contractual cun encargado de tratamento. Neste último caso, só se levará a cabo a cesión de datos ao terceiro cando o GRUPO ONCOMET dispoña do consentimento expreso do usuario.

 

Dereitos dos usuarios

A Lei Orgánica 15/1999, de 13 de decembro, de Protección de Datos de Carácter Persoal concede aos interesados a posibilidade de exerceren unha serie de dereitos relacionados co tratamento dos seus datos persoais.

En tanto en canto os datos do usuario son obxecto de tratamento por parte de GRUPO ONCOMET. Os usuarios poderán exercer os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición de acordo co previsto na normativa legal vixente en materia de protección de datos persoais.

Para facer uso do exercicio destes dereitos, o usuario deberá dirixirse mediante comunicación escrita, achegando documentación que acredite a súa identidade (DNI ou pasaporte), ao seguinte enderezo: Fundación Ramón Domínguez, Rúa: Avda Choupana S/N (Complexo Hospitalario de Santiago de Compostela), Código postal: 15706, Cidade: Santiago de Compostela, Provincia: A Coruña, ou o enderezo con que sexa substituído no Rexistro Xeral de Protección de Datos. A devandita comunicación deberá conter a seguinte información: Nome e apelidos do usuario, a formalización da solicitude, o domicilio ou os datos acreditativos.

O exercicio deberá ser realizado polo propio usuario. Non obstante poderán ser executados por unha persoa autorizada como representante legal do autorizado. En tal caso, deberase achegar a documentación que acredite esta representación do interesado.