O colexio Peleteiro de Santiago de Compostela sumouse esta semana á divulgación científica coa actividade “Científicos en busca de axuda” impartida por parte dos Investigadores de Oncomet a alumnos de 6º de primaria. Con estas actividades os nosos científicos pretenden non só compartir o seu coñecemente coa sociedade  senón tamén espertar a curiosidade investigadora nos máis pequenos.