Laboratorio de Nano-Oncoloxía

nano-icono

O laboratorio de Nano-oncoloxía, Nanoteranóstico e Terapéutica Translacional, liderado pola Dra. María de la Fuente, investigadora Miguel Servet do SERGAS, fundouse no ano 2013 co obxecto de proporcionar novas ferramentas terapéuticas e de diagnóse, baseadas na aplicación da nanotecnoloxía no eido da medicina.

A nanotecnoloxía ofrece numerosas vantaxes para a administración de fármacos, dado que permite a súa liberación selectiva e controlada ao tecido tumoral, a fin de incrementar a súa eficacia e diminuír a súa toxicidade noutras partes do organismo. Permite ademais solventar problemas biofarmacéuticos asociados a fármacos de nova síntese e biomoléculas terapéuticas (ex. ARN, proteínas, péptidos antitumorais…). Por outra parte, é posible incorporar elementos de imaxe, que permitan tanto o seguimento dos nanomedicamentos trala súa administración, coma a avaliación da eficacia das terapias propostas. Este concepto, onde nunha mesma nanopartícula se incorporan elementos terapéuticos e de imaxe, coñécese por nanoteranóstico.

LABORATORIOS-(23)

Na actualidade, existen varios nanomedicamentos utilizados na práctica clínica, e outros moitos en fase de desenvolvemento. O elemento que distingue ao noso grupo de investigación é que se centra na abordaxe da doenza diseminada, co desafío que implica tratar de entender cales son os puntos clave neste proceso que permitirán deseñar nanosistemas capaces de localizaren células metastáticas e interferiren no avance da enfermidade.

A nosa actividade pode resumirse nos seguintes puntos:

  • Deseño de nanoteranósticos dirixidos especificamente a abordar o proceso de metástase.
  • Deseño e avaliación de novas nanoterapias dirixidas a eliminar células tumorais e/ou células do microambiente tumoral.
  • Desenvolvemento de modelos tridimensionais que simulan o microambiente tumoral.

Equipo


grupo-nano-oncologia

Investigador principal

María de la Fuente Freire

María de la Fuente Freire

Ligazóns de interse

ProxectosPublicacións


idis
logo-centro
frd