O concello de Vilamartín de Valdeorras súmase á lista de concellos que apostan polo estudo de la biopsia líquida doando 3.700 euros ao Grupo de Oncoloxía Médica Traslacional do Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago de Compostela (IDIS). Prevese que esta nova técnica de loita contra o cancro sexa de gran utilidade en clínica nun breve período de tempo.

Para a completa execución da investigación requeriuse a adquisición de tecnoloxía altamente sensible. Concretamente, o grupo de investigación está a empregar neste momento tecnoloxías CellSearch (Menarini) e Parsortix (Angle) para o aislamento e caracterización de CTCs. A doazón realizada polo concello de Vilamartín de Valdeorras servirá para que o grupo poida adquirir material funxible relacionado coa utilización de ambos equipos.

Oncomet poñía en marcha fai casi dous anos unha exitosa campaña de micromecenado co fin de recadar financiación para levar a cabo o proxecto de investigación oncolóxica centrado no estudo da biopsia liquida.

Actualmente, e grazas aos fondos adquiridos durante a campaña, mercáronse dous equipos altamente sensibles á hora de detectar células tumorales circulantes e DNA tumoral circulante e contratáronse tres investigadores. Ademáis, reclutáronse preto de 150 de doentes con cancro de pulmón, colon, cabeza e pescozo, páncreas e melanoma, entre outros, e conseguíronse 50 mostras de individuos sans que se utilizan de control nos estudos.

Por outra banda, a día de hoxe, e á espera de que se sumen outros complexos hospitalarios, ademáis do CHUS participan nos estudos financiados pola campaña de micromecenado un total de catro hospitais galegos: LucusAugusti, Arquitecto Marcide, CHUAC e Povisa. O grupo agarda publicar os primeiros resultados do proxecto o próximo ano.