Un grupo de doce enfermas oncolóxicas de Ferrol e comarca poñen cara ós doce meses do ano nun calendario solidario co que conseguiron recadar un total de 9.000 euros destinado ó Grupo de Oncoloxía Médica Traslacional do Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago de Compostela (Oncomet).

Na súa aposta pola investigación oncolóxica na loita contra o cancro, algunhas das integrantes deste grupo visitaban hoxe os laboratorios de Oncomet en Santiago de Compostela interesándose polo seu traballo á vez que facían entrega da cantidade recadada ó director del Grupo, o doutor Rafael López.

As protagonistas deste  calendario se mostraban moi satisfeitas ó mesmo tempo que “sorprendidas” ante a resposta obtida, “moito máis do que esperábamos”, sinalaban Aurora Beceiro, Amelia Seijas e Herminia Hermida, tres das integrantes do grupo formado en torno a un programa de ximnasia promovido pola Asociación Española contra o Cancro. De feito, a acollida e o interese espertado foi tal que obrigou a unha segunda reedición.

“A investigación é a principal arma de futuro na loita contra o cancro e creemos firmemente que debemos de apoiala todos”, aseguran Aurora, Amelia e Herminia.  “O que pretendíamos con este calendario solidario non era senón facer un chamamento de solidariedade e concienciación e recadar fondos para seguir loitando contra o cancro a través da investigación, a principal arma de futuro e que a curto ou longo prazo estamos convencidas de que sempre acaba dando resultados”. ”A investigación é o único camiño para acabar co cáncer dunha vez por todas”, aseguraba Aurora Beceiro.

O doutor Rafael López, director de Oncomet, agradecía ás autoras da iniciativa o seu apoio á investigación y, en concreto, o seu interese polo traballo desenvolvido polo Grupo. O doutor López aproveitaba para  recordar a necesidade de aumentar os fondos públicos en investigación e a necesidade de promover a “filantropía” asegurando que España está á cola en mecenado, especialmente a nivel de empresas privadas.