Oncomet recibía hoxe o apoio da Asociación Galega de Empresas Operadoras (AGEO) que aportaba 3.500 euros ao grupo de investigación como mostra do seu compromiso en todo o relativo a investigación oncológica .

A entrega do donativo tivo lugar hoxe nas instalacións do Hospital Clínico Universitario de Santiago de Compostela  por parte do presidente de AGEO, Serafín Portas e do secretario Miguel Tuimil, ao doctor Rafael López, director de Oncomet e xefe de Servizo de Oncoloxía do CHUS. Durante esta visita, os directivos dos operadores galegos tiveron ocasión de coñecer de primeira man os avances da investigación oncolóxica liderados por Oncomet.

Serafín Portas, presidente de AGEO, incidiu no compromiso da Asociación coa investigación sanitaria e, por extensión, todo tipo de accións que teñan proxección na sociedade, alabando o traballo de Oncomet no eido da investigación oncolóxica.